Calquera momento é bo para achegarse ás terras de Navia, pero sen dúbida o é máis cando as condicións metereolóxicas aínda permiten un tempo apracible e a vila vive o seu momento de máis actividade. As posibilidades que se lle ofrecen ao visitante para coñecer a riqueza natural, histórica e patrimonial a través de roteiros, son múltiples.
O roteiro comeza no lugar de Río de Pé, confluencia dos ríos Navia e Rao. De dificultade media e unha lonxitude de 24 km realízase nun tempo estimado de 9 horas por unha paisaxe de baixa e media montaña que nos sorprenderá pola singular beleza. O antigo camiño que ata os anos sesenta constituía a vía de comunicación para unha ducia de aldeas, lévanos á primeira delas, Envernallas. Alí xunto aos hórreos, balconadas e restos do que foron as pallozas respiramos toda a maxia e a tristeza dunha aldea deshabitada. No val atoparemos distintos elementos etnográficos, como “cortíns, construcións circulares de pedra que protexían as colmeas da entrada do oso ou as “ouriceiras”, construcións dos soutos para que os ourizos maduranse a salvo do xabarín.
Accede aquí aos trags do roteiro.