Please enable JS

O que arde

O que arde, o terceiro filme de Oliver Laxe, premiado no Festival de  Cannes e con 2 Goyas tras 4 nomeamentos, presentou este territorio ao mundo antes de chegar a pandemia. O director de Navia de Suarna escolleu a súa terra como decorado para esta elexía á natureza e esa chamada de socorro ante o abandono do rural, O que arde mostra os últimos vestixios dun mundo en vías de desaparición, é un  réquiem á Galicia rural, á España rural,” afirmaba Oliver Laxe.

A revista Traveler publica en novembro de 2019 “Por esas montañas empezou a veranear con catro ou cinco anos. “O meu avó esperábanos xunto ao seu burro para levar a nosa equipaxe á súa casa, situada ao final dun longo camiño de cabras. Accediamos entón a outro mundo, ao corazón das montañas, alí onde algunhas xentes aínda vivían nunha digna e soberana submisión aos elementos. Nunha humilde aceptación da natureza da que dependían, a mesma que lles lembraba constantemente que a súa existencia era efémera”, lembra o cineasta para quen Os Ancares é o seu fogar e as súas raíces.
 

O que arde

 

“Galicia e Os Ancares están feitos de contrastes: son doces e ásperos, chuviosos e luminosos. É ante todo unha terra misteriosa, paradoxal, contraditoria... Quixen capturar a súa beleza, unha beleza intensa e imprevisible que non coñece mesura”.

En O que arde, Laxe fala dunha Galicia que se acaba. Polo lume e polo abandono rural, polo desprezo das clases sociais, polos efectos do cambio climático. O lume é un dos efectos máis visibles de todo iso. Lumes provocados ou lumes accidentais. Por todo isto, “o campo galego é unha auténtica polvoreira”, di Laxe. E é o que quixo filmar.”