Please enable JS

DEPORTES

O municipio de Navia de Suarna é unha invitación para gozar dos deportes de natureza. Contamos con 3 roteiros oficiais e multitude de itinerarios para perderse. Cada vez máis somos destino para cicloturistas, contando con 4 roteiros sinalizados que parten de Navia de Suarna para gozar de espazos naturais protexidos e de gran diversidade:

  • Navia de Suarna, A Fonsagrada, Oscos.
  • Navia de Suarna, Grandas Berduces, Pedras Apañadas.
  • Navia de Suarna, Ancares Pedrafita.
  • Navia de Suarna, Piornedo, Degrada, Doiras, Gatín.

A pesca e a caza sempre foron fundamentais no noso territorio. Desde a delegación de deportes organizamos cada ano durante o período lectivo as escolas deportivas, onde os mozos de Navia de Suarna gozan de fútbol e baloncesto. A área de deportes é tamén responsable das instalacións deportivas municipais. No concello de Navia de Suarna contamos con:

 

PAVILLÓN POLIDEPORTIVO MUNICIPAL

Dirección: Camín do Pallarón s/n


 

PISTA POLIDEPORTIVA DAS VEIGAS

Dirección: Área recreativa das Veigas