Please enable JS

Parroquias

Barcia, San Miguel de

Freguesía pertencente ao arciprestado de Navia de Suarna. No ano 1.991 contaba con 82 habitantes agrupados nas entidades de Barcia, Mera e Vilares, sendo a densidade media/entidade de 14'6 hab./Km2. O templo parroquial, a beiras do río Navia, presenta unha ábsida románica e, no seu interior, varios retablos de interese (séculos XVII e XVIII). No lugar de Mera temos a capela do Santísimo Cristo con imaxes dos séculos XV e XVI. Ao sur do poboado de Mera, sobre un outeiro, hai un castro

Cabanela, Santa María de

Freguesía pertencente ao arciprestado de Navia de Suarna. Segundo o censo de 1.991 contaba con 107 habitantes agrupados nas entidades de Busto, Cabanela, Caboxo, Ferreirúas, Figueira e Freixeiro, sendo a densidade media/entidade, no mesmo ano de 10'1 hab./Km2. O templo parroquial é de cruz latina e, no seu interior, retablos neoclásicos e neogóticos. Nos lugares de Figueira e Freixeiro temos senllas capelas con imaxinería representativa.

Castañedo, Santiago de

Freguesía de montaña, limítrofe con Asturias e pertencente ao arciprestado de Navia de Suarna. Os seus 142 habitantes, segundo o censo de 1991, atópanse distribuídos nas entidades de  Castañedo, Coea, Covas, Lencias, Mosteirín e Sto. Estevo, sendo a densidade media por entidade para o mesmo ano de 11'3  hab./Km2. O templo parroquial presenta unha nave, cuberta a dúas augas e, no interior retablos de talla renacentista. Nas aldeas de Castañedo e Coea atópanse dúas capelas con imaxes do século XVII.

Folgueiras, Santa Eufemia de

Freguesía situada ao sur do municipio e pertencente ao arciprestado de Navia de Suarna, delimitada polos termos parroquiais de Ribón e Vilarpandín polo Norte; Valo polo Sur; Moya e Vilaquinte (Cervantes) polo Leste e, Son polo Oeste. Agrupa os seus 73 habitantes, segundo o censo de 1991, nas entidades de Folgueiras, Río, Silvouta e Vilaverde, sendo a densidade media por entidade de 13 hab./Km2. O templo parroquial é unha humilde peza de estilo rural, en cuxo interior se atopan dous retablos de interese, unha cruz parroquial, unha custodia de prata, un cáliz, un incensario, unha naveta e un calderete de metal dourado. Na entidade de Vilaverde temos a Capela dos Remedios.

Freixís, San Pedro de

Freguesía pertencente ao arciprestado de Navia de Suarna, delimitada ao Norte por Proba de Navia; Folgueiras ao Sur; Ribón e Vilarpandín ao Leste e, Pin e Penamil ao Oeste. Conta con 55 habitantes, segundo o censo de 1991, agrupados nas entidades de Freixís, Seón e Vilameixide, sendo a densidade media por entidade, para o mesmo ano, de 6'5  hab./Km2. O templo parroquial é de estrutura sinxela e revogado de cal no exterior. No mesmo lugar de Freixís sitúase casa-Palacio do mesmo nome, en estado ruinoso.

Galegos, Santiago de

Freguesía pertencente ao arciprestado de Navia de Suarna, delimitada por Queizán ao Norte; Pín ao Sur; Probaa de Navia ao Leste e, Córneas e Quintá ao Oeste. Segundo o censo de 1991 contaba con 103 habitantes agrupados nas entidades de poboación de Cociña, A Iglesia, Paradela, Penasinceira, Piñeiro, Tola, Trigal e Vilarquinde, sendo a densidade media por entidade, para o mesmo ano, de 8'7  hab./Km2. Con anterioridade, Galegos dependeu da diocese de Oviedo e da xurisdición de Navia de Suarna. O templo parroquial é de cruz latina con cruceiro de cúpula. No seu interior varios retablos de interese artístico e cruz parroquial de prata repuxada. Na entidade de Paradela hai unha capela con muros de lousa e, nas inmediacións o Palacio de Arriba e o Palacio de  Abaixo.

Moia, Santiago de

Freguesía pertencente ao arciprestado de Navia de Suarna, delimitada polos termos parroquiais de Muñís e Rao polo Norte; Vilaquinte e Pando polo Sur; Rao polo Leste e, Seoane e Ribón polo Oeste. Conta, segundo o censo de 1991, con 83 habitantes agrupados nas entidades de poboación de Coruxedo, Moya, Navallos, Quintá, Ventosa e Vilar de Moya, sendo a densidade media por entidade de 3'8  hab/Km2. Dentro do termo parroquial aínda se conservan algunhas vivendas e hórreos cubertos de palla. O templo parroquial consérvanse varias pinturas e retablos de interese.

Mosteiro, San Salvador de

Freguesía pertencente ao arciprestado de Navia de Suarna, delimitada polos termos parroquiais de Castañedo polo Norte; Barcia e Muñís polo Sur; Asturias polo Leste e, Barcia e Queizán polo Oeste. Conta, segundo o censo de 1991, con 131 habitantes distribuídos nas entidades de Abrente, Gorgüeira, Marcelín, Molmeán, Mosteiro, Pacio e Sinada. Todo o termo parroquial atópase salpicado de restos artísticos, como son: un templo parroquial románico, as capelas de Signada e Marcelín (con tallas románicas), a capela de Molmeán e a de Abrente. Nas proximidades da Lagúa, no límite con Asturias, atópase o castro de O Coedo.

Muñís, San Xosé de

Freguesía  aneja de San Miguel de Barcia e pertencente ao arciprestado de Navia de Suarna. Delimitan os seus termos as parroquias de Ribeira polo Norte; Moya e Seoane polo Sur; Rao e Asturias polo Leste e, Barcia, Proba de Navia e Seoane polo Oeste. No ano 1991 contaba con 78 habitantes agrupados nas entidades de poboación de Cernada, Ervenallas, Ervenallúas, Larxentes, Muñís, Tabillón, Trabadelo e  Vilarantón, sendo a densidade media por entidade, para o mesmo ano, de 4'3  hab./Km2. Dentro do termo parroquial aínda se atopan algunhas pallozas habitadas xunto con varios hórreos de palla e, en Larxentes vestixios dun castro.

Penamil, Santiago de

Freguesía pertencente ao arciprestado de Navia de Suarna, delimitada polas parroquias de Pin polo Norte; Quintá e Ribeira polo Sur; Son polo Leste e, Quintá polo Oeste. Conta, segundo o censo de 1991, con 32 habitantes distribuídos nas entidades de poboación de Arroxiña e Penamil, sendo a densidade media por entidade, para o mesmo ano, de 7'4  hab./Km2.

Pin, Santa María de

Freguesía pertencente ao arciprestado de Navia de Suarna, delimitada polos termos parroquiais de Galegos polo Norte; Penamil, Son e o río Navia polo Sur; Freixís e o río Navia polo Leste e Quintá polo Oeste. Conta, segundo o censo de 1991, con 68 habitantes agrupados nas entidades de  Mazaina, Pin de Abaixo, Pin de Arriba, Vila e Vilagoncide, sendo a densidade media por entidade, para o mesmo ano, de 9'8  hab./Km2. Dentro do termo parroquial atópase casa-Palacio de Pin, berce de Manuel Becerra.

Proba de Navia, Santa María Madanela de

Freguesía pertencente á diocese de Oviedo e capital municipal, delimitada por Barcia ao Norte; Vilarpardín ao Sur; San Pedro de Freixís ao Leste e, Santiago de Galegos ao Oeste. Segundo o censo de 1991 contaba con 377 habitantes agrupados na entidade do mesmo nome, sendo a densidade media, para o mesmo ano, de 101'9  hab./Km2.

 

 

Queizán, Santiago de

Freguesía pertencente ao arciprestado de Navia de Suarna, delimitada polos termos parroquiais de Lamas de Moreira e Arroxo polo Norte; Santiago de Galegos polo Sur; Mosteiro e Barcia polo Leste e Cabanela polo Oeste. Os seus 106 habitantes, segundo o censo de 1991, atópanse agrupados nas entidades de Liñares, Méixano, A Pedreira, Queizán e Vilarguende, sendo a densidade media por entidade de 9'4  hab./Km2. O templo parroquial preséntasenos como unha construción rectangular de lousa sobre armadura de madeira. Nas súas interior pezas neoclásicas. Dentro do termo parroquial, ofrecéndonos un aspecto de pasada nobreza, atópase casa-palacio da familia Losada.

Rao, Santa María de

Freguesía pertencente ao arciprestado de Navia de Suarna, delimitada polo Principado de Asturias ao Norte e Leste;  Pando polo Sur e, Moya e Muñís ao Oeste. No ano 1991 contaba con 258 habitantes agrupados nas entidades de poboación de Aigas, Asar, Becerral, Coro, Faquís, Fulgueiras de Aigas,  Laxo, Meda, Murias, Peliceiras, Prebello, Rao, Robledo e Traserra, sendo a densidade media por entidade, para o mesmo ano, de 4'2  hab./Km2. O templo parroquial sobresae pola riqueza dos seus retablos (séculos  XVI e  XVIII).

Ribeira, Sto. Estevo de

Freguesía que non figura na Guía Diocesana, delimitada polo Principado de Asturias polo Norte; Este e Oeste, mentres que o termo parroquial de Muñís faio polo Sur. Os seus 52 habitantes, segundo o censo de 1991, atópanse agrupados nas entidades da Balsa e A Ribeira, sendo a densidade media por entidade, para o mesmo ano, de 12'1  hab./Km2.

Ribón, Santa María de

Freguesía pertencente ao arciprestado de Navia de Suarna, delimitada polos termos de Seoane polo Norte; Valo e Vilaquinte polo Sur; Moya polo Leste e Vilarpandín polo Oeste. No ano 1991 contaba con 40 habitantes agrupados nas entidades de Murías do Camiño, Ribón e Santa María, sendo a densidade media por entidade de 7'1  hab./Km2. O templo parroquial é unha sinxela peza rural, cunha nave corrida, a dúas augas. No centro do pobo atópase a Capela da Inmaculada.

Sevane, San Xoán de

Freguesía que non aparece na Guía Diocesana, delimitada polos termos parroquiais da Proba de Navia e Muñís polo Norte; Vilarpandín e Ribón polo Sur; Muñís e Moya polo Leste e A Proba de Navia e Vilarpandín polo Oeste. Segundo o censo de 1991 conta con 32 habitantea agrupados nas entidades de Cantorcia e Sevane, sendo a densidade media por entidade, para o mesmo ano, de 7'4  hab./Km2. O templo parroquial é un curioso exemplar rural: unha soa nave rectangular, cuberta a dúas augas, con lousa sobre armadura de madeira e, con interesantes retablos no interior.

Son, Santa María de

Freguesía pertencente ao arciprestado de Navia de Suarna e delimitada polas parroquias de Penamil, Pin e Freixís polo Norte; Castro e Ambasvías polo Sur; Freixís, Folgueiras e Valo polo Leste e Ribeira e Castro polo Oeste. Os seus 144 habitantes, segundo o censo de 1991, atópanse agrupados en 11 entidades de poboación, sendo a densidade media por entidade, para o mesmo ano, de 7'5  hab./Km2. O templo parroquial é dunha soa nave a dúas augas, con armadura de madeira. No interior e, ocupando todo o  testero do presbiterio, un retablo barroco- rococó.

Vallo, Santa María de

Freguesía pertencente ao arciprestado de Navia de Suarna, delimitada polos termos parroquiais de Ribón e Vilarpandín polo Norte;  Ambasvías e Vilaver polo Sur; Vilaquinte polo Leste e Folgueiras e Son polo Oeste. No ano 1991 contaba con 78 habitantes distribuídos nas entidades de poboación de Penedo, Valo, Vilor e Vilarín, sendo a densidade media por entidade de 7'8  hab./Km2.

Vilarpandín, Sto. Estevo de

Freguesía pertencente ao arciprestado de Navia de Suarna, delimitada polos termos parroquiais de Proba de Navia polo Norte; Valo polo Sur; Ribón e Seoane polo Leste e, Folgueiras e Freixís polo Oeste. No ano 1991 contaba con 95 habitantes agrupados nas entidades de poboación de Acebedo, Vilarpandín e Virigo, sendo a densidade media por entidade, para o mesmo ano, de 22'1  hab./Km2. O templo parroquial posúe tallas dos séculos XV e XVI e no lugar de Vilarpandín atópase unha pequena fortaleza coñecida como Casa palacio. Tamén, nunha paraxe do monte coñecido como Alzado de Busmor existen vestixios dun poblamiento prehistórico ou citania.