Calquera momento é bo para achegarse ás terras de Navia, pero sen dúbida o é máis cando as condicións metereolóxicas aínda permiten un tempo apacible e a vila vive o seu momento de máis actividade. As posibilidades que se lle ofrecen ao visitante para coñecer a riqueza natural, histórica e patrimonial a través de roteiros, son múltiples.
O roteiro ten unha lonxitude de 5 km e conta cunha dificultade media para realizar nun tempo estimado de 2 horas. Comezamos o camiño no campo da feira dirección Vilarpandín. Ao chegar a fonte seguimos polo camiño de terra da dereita e baixamos ata atravesar o regato “Corbeira”. Seguimos o camiño que nos leva ata a saída do asfalto da estrada de Vilaverde. Despois de atravesar Freixís, a uns 100 metros da última casa, xunto a un poste eléctrico segue o camiño que regresa a Navia. O percorrido achéganos a paisaxes de baixa e media montaña que permite gozar do acubillo que ofrece a abundante vexetación.