Please enable JS

PROMOCIÓN ECONÓMICA

O Concello de Navia de Suarna conta coa figura do Axente de Emprego e Desenvolvemento Local, como axentes promotores de emprego local teñen tres funciones: informativa, produtiva e orientadora. A función informativa consiste en ofrecer información e asesoramento sobre novas ocupacións e actividades económicas, a función produtiva trata de xerar contidos sobre esas novas ocupacións e actividades, e a función orientadora consiste en facer difusión e promoción das novas oportunidades profesionais entre persoas que buscan emprego, queren mellorar o seu perfil profesional ou queren crear a súa propia empresa.

O Axente de Desenvolvemento Local realiza prospección de recursos ociosos ou infrautilizados, de proxectos empresariais de promoción económica local e iniciativas innovadoras para a xeración de emprego no ámbito local, identificando novas actividades económicas e posibles emprendedores. Traballan na difusión e estímulo de potenciais oportunidades de creación de actividade entre os desempregados, promotores e emprendedores, así como institucións colaboradoras. Realizan acompañamento técnico na iniciación de proxectos empresariais e apoian a promotores das empresas, unha vez constituídas estas.

Navia de Suarna como destino de natureza ten no turismo sostible unha das súas principais fontes de ingresos. O municipio conta con casas de turismo rural, hoteis e restaurantes que en épocas vacacionais reciben cada ano a máis visitantes. A atención aos maiores é tamén un motor importante coa residencia da terceira idade e centro de día. Sector fundamental no municipio son os embutidos coa empresa Embutidos Suarna. Importante é tamén o sector agrogandeiro e forestal.