A oficina de Servizos Sociais atópase na primeira planta da Casa do concello e funciona en horario de 9.00 a 15.00 h. Cóntase cunha traballadora social. O teléfono de Cita previa é 982 36 51 66 (ext. 3).
O obxectivo dos servizos sociais é garantir as prestacións básicas á cidadanía en situación de necesidade, constitúen a canle de acceso ao Sistema Público de Servizos Sociais de Galicia e caracterízanse pola súa proximidade á poboación. O Concello de Navia de Suarna celebra en setembro a Festa dos Maiores, cita que cada ano reúne aos nosos veciños e veciñas de máis idade, para favorecer a súa interrelación e homenaxear a súa traxectoria.
O municipio conta ademais cunha residencia de anciáns con capacidade para 30 persoas e 20 prazas máis como centro de día. Situada na Avda. dos Ancares, estas novas instalacións entrarán en servizo no 2022. Na área Recreativa O Vanzado contamos cun parque biosaudable no ánimo de facer da Proba un lugar agradable para vivir onde os nosos maiores poidan gozar amablemente dos nosos recursos naturais mentres coidan a súa saúde física. A área recreativa está totalmente adaptada e accesible.