Please enable JS

Felicitación a Oliver Laxe

Felicitación a Oliver Laxe

Xaneiro 23/admin/Branding

Dende a Corporación que teño a honra de presidir, e en nome de tódol@s veciñas e veciños do Concello de Navia de Suarna, queremos felicitar a Oliver Laxe por tódolos éxitos conseguidos coa súa última película, SIRĀT, e en especial polas recentes nominacións ós premios Oscar nas categorías de mellor película estranxeira e mellor son.

Sentímonos orgullosos de Oliver, porque ademáis de ser veciño deste municipio, sempre o deixa en moi bo lugar e sempre o representa de maneira exemplar.

Desexámoslle moitos éxitos na súa carreira e sobre todo moita sorte para conseguir algún dos premios Oscar ós que está nominado.

José Fernández Fernández
Alcalde do Concello de Navia de Suarna

Ver carta de agradecemento orixinal (pdf)

Sen definir


NOVAS RELACIONADAS