Please enable JS

Novo portal web do Concello de Navia de Suarna

ponte medieval

Novo portal web do Concello de Navia de Suarna

Setembro 14/admin/Social mediaTechnology

O novo portal web de Navia de Suarna quere ser unha porta aberta ao municipio. Os/as veciños/as poderán acceder desde aquí á sede electrónica para realizar en liña os trámites coa administración municipal. Poden coñecer máis información de áreas como cultura, servizos sociais ou deporte.

O turismo e o dar a coñecer a nosa riqueza, ten un papel importante nesta nova web. Queremos promocionar e dar a coñecer desde aquí os nosos recursos e presentarlles a visitantes e veciños todas as potencialidades dun municipio cunha gran riqueza paisaxística, patrimonial, etnográfica, cultural e humana.

A web está en castelán e en galego, o apartado de turismo está tamén en inglés. A imaxe ten moito peso na páxina web, conscientes de que as imaxes do noso municipio falan por si das características do noso territorio. Esta nova web tamén nos ten que servir a todos para estar informados da actualidade municipal por iso a través do espazo “Noticias” esperamos ofrecer información de interese sobre actividades, obras, proxectos, turismo,….

Galego


NOVAS RELACIONADAS