Please enable JS

Entra en Navia de Suarna

Adéntraste nunha comarca singular da que Navia de Suarna é a porta de entrada. Unimos cumes míticos para o montañismo con amplos vales infestados de ríos e regatos que sonorizan unha paisaxe inspiradora e revitalizadora. A arquitectura popular, o patrimonio histórico e a vida nestas montañas que cheiran a aire puro guiaranche a gozar o valor do auténtico. Por iso o municipio é unha invitación para gozar dos deportes de natureza. E cada día máis afeccionados ao sendeirismo, ao cicloturismo e á pesca buscan en Navia o seu destino. Contamos con 3 roteiros oficiais e multitude de carreiros que camiñar.


Pan do Zarco

O río Navia será un dos teus guías para achegarte á natureza latexando, levarache por vestixios arqueolóxicos,… ata vintecinco castros temos localizados no municipio de Navia de Suarna. A arquitectura civil ten a súa máxima representación en Virigo, Freixís, Vilarpandín e Pin. Na arquitectura popular hai múltiples exemplos de típicas pallozas ancareñas, destacando os de aldeas de montaña como Muñís, Ribón ou Coro.


Coro, conxunto etnográfico

En arquitectura relixiosa destaca a igrexa de Barcia, próxima á capital municipal, que conserva a ábsida románica do século XIII; Santa María de Rao, San Salvador de Mosteiro, San Xosé de Muñís, Sto. Estevo de Vilarpandín ou as capelas de Abrente,Marcelín e Molmeán.


Sto. Estevo de Vilarpandín

O máis destacable en canto ao carácter monumental, é o conxunto medieval que forman o castelo e a ponte na capitalidade municipal da Proba. E á hora de sentar á mesa a natureza e os ríos regálannos os seus manxares, pero sen dúbida o noso prato estrela é a Androlla que ten a súa cita anual de exaltación o domingo de entroido.