A nosa embaixadora gastronómica, a androlla. A costela de porco adobada con pemento, sal e allo embútese nunha tripa grosa e sométese a curación e afumado. Hai 30 anos que Navia de Suarna enxalza a súa androlla e agora iniciáronse os trámites para a creación da Indicación Xeográfica Protexida (IXP) Androlla de Galicia, que abarcaría varios municipios da montaña de Lugo e de Ourense. A Festa da Androlla celébrase o domingo de entroido.