A Proba conta con dous elementos patrimoniais fundamentais, que mostran a importancia deste núcleo na época medieval coa ponte medieval e o castelo dos Altamira.
A primeira mención documental ao castelo é a doazón que don Rodrigo Gutiérrez fai del á súa esposa no ano 1037. A revolta irmandiña en 1467 destrúe o castelo que os condes posteriormente reconstrúen na súa planta poligonal, erixida sobre un macizo rochoso que se eleva sobre o núcleo poboacional, aínda se observan restos dos torreóns defensivos circulares e parte da muralla coa súa adarve. O castelo estaba construído no seu interior, cunha fábrica de cachotería pizarrosa e a el accedíase por unha porta en arco de medio punto.
Toda la información en la sección Patrimonio del apartado de Turismo.