Calquera momento é bo para achegarse ás terras de Navia, pero sen dúbida o é máis cando as condicións metereolóxicas aínda permiten un tempo apacible e a vila vive o seu momento de máis actividade. As posibilidades que se lle ofrecen ao visitante para coñecer a riqueza natural, histórica e patrimonial a través de roteiros, son múltiples.
Este roteiro ten unha lonxitude de 3,2 km, iníciase no campo da feira da Proba de Navia e nunha hora e media completámola, terminando novamente na capitalidade municipal. Este roteiro achéganos a unha fermosa paisaxe de carballos e castiñeiros, sobre todo no outono, cando as cubertas vexetais presentan as súas cores máis belas. No percorrido podemos ver algúns dos hórreos que se conservan e a igrexa do s. XIII da aldea de Barcia. O roteiro conta con varios merendeiros e pasa pola área recreativa das Veigas.