Please enable JS

Alcaldía

Benvidos á páxina web do Concello de Navia de Suarna.

Con esta páxina iniciamos a nosa andadura por internet, coa pretensión de que sexa o instrumento idóneo para facilitar os trámites con esta administración, e o mesmo tempo, para dar a coñecer ao mundo este Concello do que tan orgullosos nos sentimos.

Navia de Suarna é un Concello de montaña, situado nos Ancares Lugueses, incluído na Rede Natura 2000 e distinguido pola UNESCO co título de Reserva da Biosfera.
As proteccións e distincións das que goza, son a súa mellor carta de presentación, garantía da extraordinaria beleza da súa paisaxe, do bo estado de conservación e da riqueza da súa biodiversidade. Conta tamén cun importante patrimonio histórico-artístico, gran riqueza gastronómica, importantes festas e romarías, en definitiva, con alicientes suficientes para poder afirmar que é un concello digno de coñecer.

Dende esta páxina irémosvos amosando retazos da nosa historia, da nosa paixaxe, da nosa riqueza cultural e arquitectónica, da nosa gastronomia, das nosas xentes ¿e de todo aquelo que conforma a vida e personalidade de esta terra.

Tamén pretendemos acercar o Concello ós nosos veciños, manter con eles un permanente diálogo, para logralo, paulatinamente iremos incorporando expedientes e abrindo a páxina á participación veciñal.

Non quero olvidarme da emigración, daqueles naviegos e fillos de naviegos espallados polo mundo, saúdovos con especial cariño, esta páxina abre o paso á administración virtual, pero sobre todo, vainos permitir estar máis cerca de vos, merece a pena.

Estamos empezando, temos ilusión, ganas de traballar e confianza nas novas tecnoloxías, non dubidedes de que, pouco a pouco, iremos mellorando en beneficio dos nosos veciños e de todos os que nos visiten.
Como Alcalde deséxovos unha feliz navegación pola nosa web.

José Fernández Fernández
Alcalde de Navia de Suarna