Dende a Corporación que teño a honra de presidir, e en nome de tódol@s veciñas e veciños do Concello de Navia de Suarna, queremos felicitar a Oliver Laxe por tódolos éxitos conseguidos coa súa última película, SIRĀT, e en especial polas recentes nominacións ós premios Oscar nas categorías de mellor película estranxeira e mellor son.
Sentímonos orgullosos de Oliver, porque ademáis de ser veciño deste municipio, sempre o deixa en moi bo lugar e sempre o representa de maneira exemplar.
Desexámoslle moitos éxitos na súa carreira e sobre todo moita sorte para conseguir algún dos premios Oscar ós que está nominado.
José Fernández Fernández
Alcalde do Concello de Navia de Suarna