Please enable JS

Os Ancares

O perfil dos Ancares atráeche de lonxe para convidarche a entrar en estreitos corredores que che conducirán a vales e picos con poboacións onde aínda atoparemos as ancestrais pallozas, construcións de planta circular e teito de palla mallada.

A serra dos Ancares está situada no leste da provincia de Lugo, na fronteira coas comunidades veciñas de Castela e León e O Principado de Asturias. Adéntrate en territorio declarado Reserva da Biosfera, exemplo de ecosistema montañoso onde os recursos naturais son aproveitados polos seus habitantes configurando así unha paisaxe singular cuns valores naturais que é necesario conservar.

 

 

Ao longo das máis de 50.000 hectáreas, os carreiros e estradas cruzan profundos vales e ascenden ata cumes de 2.000 metros de altura. No inverno Os Ancares cóbrense de neve e coa primavera as augas do desxeo deslízanse cara aos vales en regatos e pequenas fervenzas. Co outono, a natureza dos Ancares adquire tons avermellados.

O espectáculo natural complétase coa fauna característica do territorio onde abundan o xabaril, o cervo, o coello, a curuxa, o raposo, o gato montés e o esquío. Podemos gozar do urogallo e outra vez do oso pardo. Estas montañas albergaban unha comunidade de osos que agora renace a través dun programa para a recuperación desta especie.

Os ríos que descenden por estas montañas buscan todos ao Navia e na arquitectura popular as pallozas e hórreos son protagonistas.